mércores, 20 de marzo de 2013

Estratexia de ASEIA


Xerar un equipo de profesionais competente e motivado, que favorezca a innovación asistencial e a difusión do coñecemento científico.

A línea teórica e metodolóxica que sustenta e fundamenta a nosa práctica asistencial está basada no paradigma biopsicosocial de integración corpo-mente, e as diferentes teorías de inspiración psicodinámica

ASEIA baséase nunha intervención terapéutica de orientación reichiana, integrando os aspectos afectivos, emocionais, interaccionais, de intervención institucional e métodos analíticos e psicocorporais, que poden integrarse  a partir dunha metateoría común. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario